Ata hai ben pouquiño tiñamos un horto no colexio onde os
máis cativos cultivaban diferentes
plantas como cenorias, leitugas,
chícharos, tomates, pementos e algunha que outra cousa máis.
Velaí os vemos en plena faena:
Pero chegou o
outono, logo o inverno e …¡ Quedámonos sen horto!.
Por estas latitudes, non se pode traballar no horto en
inverno así que temos que buscar alternativas e….
¡Hai que facer
un invernadoiro!
O primeiro é pensar ben onde o imos colocar para que lle dea o sol, temos que orientarnos e
buscar o sur. Localizamos na finca do colexio o lugar axeitado e empezamos a
aplanar ben o terreo. Velaí vemos como nos quedou
a)
Decidir os
materiais:
a.
Tipo de
terra
b.
Mesas ou
camas para os cultivos.
c.
Outros materiais
como: botellas plástico, macetas, distintos recipientes,...
b)
Elixir unha
zona para fabricar compost para o noso horto
Podemos organizarnos por grupos ou ciclos:
INFANTIL:
Pode plantar os ingredientes da ensalada. Se ocuparían do horto-ensalada
1º
CICLO DE PRIMARIA: Pode plantar os ingredientes da pizza. Se ocuparían do horto-pizza
2º
CICLO DE PRIMARIA: Pode plantar legumes. Se ocuparían do horto-legume
3º
CICLO DE
PRIMARIA: Pode plantar plantas aromáticas . Se ocuparían do rincón das especies
ESO:
Pode plantar plantas medicinais. Se ocuparían do horto-farmacia
0 comentarios:
Publicar un comentario