Con la tecnología de Blogger.
RSS

O INVERNADOIRO



Velaí vemos como montamos o noso invernadoiro:

1.- Buscamos unha zona da finca do noso colexio á que lle dese ben o sol.

2.- Orientamos o seu emprazamento mirando cara o sur para que durante os meses do outono e inverno teña calor natural pero tivemos coidado de que houbese nesa mesma dirección algúns árbores de folla caduca, ós que no outono e no inverno lles caen as follas  e deixan pasar a luz e a calor pero que no verán están ben frondosos para protexer coa súa sombra ó invernadoiro dese mesmo sol pero que se transforma na verán ourensán nun foco de calor extraordinario.



3.- Puxemos a estrutura do invernadoiro no chan para observar nos planos cómo temos que colocar os ferros.

4.- Temos coidado de orientar as portas para que corra ben o aire cando pase ó seu través.





5.- Colocamos cordeis entre os ferros do teito para que o plástico do invernadoiro non se afunda.

6.- Unha vez colocada toda a estrutura, hai que poñerlle o plástico e aquí necesitamos axuda para estiralo ben.




7.- Por último, temos que agarralo ben ó chan. Non vaia ser que o leve unha racha forte de vento.



8.- Facémoslle un camiño bonito para a súa entrada e …

¡Xa temos invernadoiro!





  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

0 comentarios:

Publicar un comentario