Con la tecnología de Blogger.
RSS

PRESENTACIÓN

Estamos aquí dende o ano 1987 e aínda que xa pasaron case tres décadas, seguimos a emocionarnos cada vez que comeza un novo curso. Cando nos atopamos cos nosos alumnos e alumnas que creceron moito durante o período estival e nos decatamos de como se van facendo maiores física e mentalmente, mentres nós seguimos coas mesmas ilusións grazas a eles.
 En cada curso propoñémonos novos desafíos que nos fagan vibrar e que impliquen a toda a comunidade escolar. Lográmolo distribuíndo entre tódalas áreas do colexio as diferentes propostas e retos. Dende o Departamento de Ciencias, un dos proxectos plantexados para este curso 2014-2015 é iniciar éste novo blog que nos permita amosar as actividades que fagan referencia a temas relacionados coa ciencia ou a tecnoloxía do Colexio Guillelme Brown.
            Despois de darlle moitas voltas, matinamos que un bo punto de partida sería   amosar o colexio para que vexades que fermoso é e teñades unha referencia do privilexio de lugar no que podemos traballar temas relacionados co medioambiente.

1)    Zona das “Pozas”. Antigas piscinas recicladas e transformadas en estanques das que xa falamos en anteriores ocasións. Ofrecen distintas posibilidades ao longo do ano, agora mesmo están preciosas e deleitan a vista cada vez que pasamos preto delas, pero tamén nos aportan recursos didácticos que van dende a observación da flora e fauna ata a posibilidade de análise de auga, comparación de temperaturas ou recoller auga para a observación de paramecios. Unha estupenda fonte de recursos.
2)    Zona do “Polideportivo”.  Unha zona verde que serve para realizar distintos xogos ou actividades de Physical Education pois conta cun pequeno foso de salto. O mellor desta zona é a paisaxe e o medio no que podemos facer esas actividades.
3)    Zona dos “Bancais”. Varias terrazas nas que podemos ver aos nenos xogando no seu tempo de lecer pero que ademais aportan unha flora rica en diferentes especies de árbores: varios  carballos, un bidueiro, unha sobreira e numerosos érvedos, ademais dunha zona con diversidade de herbas e pequenos arbustos. Visitada por varias especies de aves como pardais, merlos, carrizas, paporroibos, lavandeiras,...e algún esquío, lebre, raposo, ourizo de cando en vez.
4)    Zona das Piscinas. Cunha gran variedade e riqueza na flora: lodoeiros, castiñeiros, cedros, plátanos de sombra, pradairos, sabugueiros, e numerosas árbores froiteiras como maceiras, ameixeiras,... tamén unha zona de espazos aberta para o deporte.
5)     Zona do Parque infantil para os máis cativos: É ben certo que o espazo no que poden xogar os máis cativos ten unha boa vista. Crecer nun espazo así, seguro que os fará ser máis exixentes no coidado do medioambiente a medida que vaian crecendo a facéndose maiores.














  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

0 comentarios:

Publicar un comentario