A nosa “Festa de Convivencia”, tivo
lugar o pasado sábado 4 de outubro.
Como
veredes nas fotos que vos amosamos a continuación, tivemos un pouco de todo:
1.- Bo tempo ata o
remate da festa
2.- Solta de dúas
aves, un moucho e unha curuxa, polos
especialistas do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio.
Tamén nos
trouxeron outros animais para ensinar, coma é o caso dunha aguia cobreira á que atoparon cun á rota e que despois de estar moito tempo no centro, xa non quere marchar de alí; faláronnos doutros animais ós que recolleron acudindo á chamada dalgún cidadán co obxectivo de que non
danen á fauna autóctona coma é o caso das tartarugas californianas ou de
Florida, das que ata fai moi pouquiño estaba permitida a súa venda nas tendas
de animais e case tódolos nenos tiñan unha destas tartarugas como mascota, ata
que se facían grandes e as soltaban nos ríos ou lagoas veciñas.....¡Vaia desfeita!.... Tendo en conta que
estas tartarugas se dedican a devorar os ovos, larvas ou... de numerosas
especies do noso medio e sabendo que aquí non están no seu medio natural se lle engadimos tamén o feito de introducir parásitos que afectan ás tartarugas
autóctonas, aí temos a desfeita.
¡Facilitemos que os rapaces observen e se deleiten cos animais no seu
entorno en liberdade!
¡Posibilitemos que os nosos fillos e os nosos alumnos non
pretendan domesticar a tódolos seres vivos
que ven!
3.- Fixemos unha
comida campestre na que abundaban as típicas e apreciadas empanadas galegas e
doces de todo tipo, cos que nos deleitaron os alumnos de ESO na procura de facer
un fondo para a súa excursión de fin de curso.
4.- Como remate viñeron
os xogos, algúns tan populares como “A chave” e outros non menos populares coma
o apreciado “futbolín” aínda que un pouquiño diferente ó transformarse nun
colchón inchable no que os xogadores son as persoas, tanto adultos como nenos e pasámolo ben xogando coa pelota.
0 comentarios:
Publicar un comentario