Ríos Loña e Miño
En marzo de 2017
os alumnos do St Benedit estiveron de visita en Ourense para completar o
Proxecto que iniciamos en marzo de 2016. Agora toca estudar os ríos Loña e Miño
O Río Loña descorre moi
preto do noso colexio, o Guillelme Brown que está situado á beira da estrada OU-536 no Concello de Pereiro de Aguiar e descorre
lindando coa finca do noso colexio á busca do río Miño. É un dos seus afluentes.
O Loña chega á capital ourensá pola marxe
esquerda do río Miño dende Nogueiras e Pereiro de Aguiar. Cando entra na cidade
faino no medio dun fermosísimo percorrido polo campo, con zonas de bosque
galería típico, con parques habilitados pero agrestes sen perder o seu encanto
de ribeira.
As augas deste río son aproveitadas para o abastecemento
de auga da cidade, pois no Concello de Pereiro atópase o encoro de Cachamuíña,
onde se almacena a auga.
0 comentarios:
Publicar un comentario