Con la tecnología de Blogger.
RSS

EXPOCIENCIA 2017


Un curso novo e tamén unha nova edición da nosa feira de ciencias. Xa vai a XVI Expociencia Guillelme Brown. É un día de portas abertas para toda a comunidade escolar e tamén para aqueles amigos ós que lles gusta ver e compartir a ledicia dos máis pequenos cando falan de todo o que descubriron ó longo dun proceso de estudo e construción de aprendizaxe desenvolvido con moita  creatividade. 
É un espazo no que se abren as portas a novos pensadores, sexan  científicos ou amantes da ciencia en todas as facetas da vida para que  podan experimentar por un día todo o pracer que supón compartir coñecementos e aprender uns doutros, poñendo en valor a todos os membros participantes porque todos temos algo que contar e todos temos algo novo que aprender. É o principio básico de toda a motivación que podemos transmitir a un neno para que estea motivado para “aprender” porque aprender é divertido.

Participamos TODOS,  alumnos/as de Infantil, Primaria, ESO e todo o equipo de profesores do colexio. Tamén contamos con alumnos e profesores do Colexio St. Benedi’ts de Derby, con profesores do Departamento de Ciencias da Universidade de Vigo e con todas as familias que configuran a comunidade educativa do Centro.

Cartel da Expociencia


Lista de traballos participantes.



Trípticos dalgúns dos traballos de Secundaria.








Parabéns a todos os participantes por regalarnos un día tan ESPECIAL.













  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Comparative study of the water in Derby and Ourense

Ríos Loña e Miño 

En marzo de 2017 os alumnos do St Benedit estiveron de visita en Ourense para completar o Proxecto que iniciamos en marzo de 2016. Agora toca estudar os ríos Loña e Miño
O Río Loña descorre moi preto do noso colexio, o Guillelme Brown que está situado á beira da estrada OU-536  no Concello de Pereiro de Aguiar e descorre lindando coa finca do noso colexio á busca do río Miño. É un dos seus afluentes.
    O Loña chega á capital ourensá pola marxe esquerda do río Miño dende Nogueiras e Pereiro de Aguiar. Cando entra na cidade faino no medio dun fermosísimo percorrido polo campo, con zonas de bosque galería típico, con parques habilitados pero agrestes sen perder o seu encanto de ribeira.

    As augas deste río son aproveitadas para o abastecemento de auga da cidade, pois no Concello de Pereiro atópase o encoro de Cachamuíña, onde se almacena a auga.

















  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS