O xoves 7 de maio, estivemos na facultade de Ciencias da
Educación para contarlle ós futuros profesores como traballamos os proxectos de
investigación no colexio. Estivemos na súa clase de Didáctica das Ciencias
Experimentais I e formamos parte da súa
propia investigación porque dalgún xeito nós eramos a fase experimental do
traballo que lles espera facer nun futuro próximo.
Presentamos os nosos traballos dende 1º ata 6º de
primaria para que puidesen ver o que se podía ir traballando en cada curso de forma progresiva e fascinaron co que somos
capaces de facer.
¡Nada mellor
que ver e escoitar ós autores en directo!
Tamén nos
acompañaron compañeiros de 1º de ESO para ensinarlles o que son capaces de
facer cando chegan á ESO grazas ó que aprenderon facendo proxectos de
investigación na etapa de primaria.
Cando rematamos as nosas explicacións nos fixeron un
montón de preguntas sobre o que fixéramos, como o fixéramos, canto
aprenderamos, etc. Nos encantou contestar a todas elas e nos felicitaron polos
traballos que fixéramos e tamén pola forma de defender oralmente o traballo
ante unha clase de alumnos universitarios.
¡Sentímonos moi ben coa experiencia !
0 comentarios:
Publicar un comentario