Con la tecnología de Blogger.
RSS

Na Facultade de Ciencias da Educación



O xoves 7 de maio, estivemos na facultade de Ciencias da Educación para contarlle ós futuros profesores como traballamos os proxectos de investigación no colexio. Estivemos na súa clase de Didáctica das Ciencias Experimentais I e formamos  parte da súa propia investigación porque dalgún xeito nós eramos a fase experimental do traballo que lles espera facer nun futuro próximo.
Presentamos os nosos traballos dende 1º ata 6º de primaria para que puidesen ver o que se podía ir traballando en cada curso  de forma progresiva e fascinaron co que somos capaces de facer.
¡Nada mellor que ver e escoitar ós autores en directo!
 Tamén nos acompañaron compañeiros de 1º de ESO para ensinarlles o que son capaces de facer cando chegan á ESO grazas ó que aprenderon facendo proxectos de investigación na etapa de primaria.
Cando rematamos as nosas explicacións nos fixeron un montón de preguntas sobre o que fixéramos, como o fixéramos, canto aprenderamos, etc. Nos encantou contestar a todas elas e nos felicitaron polos traballos que fixéramos e tamén pola forma de defender oralmente o traballo ante unha clase de alumnos universitarios.
¡Sentímonos  moi ben coa experiencia !















  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS