Con la tecnología de Blogger.
RSS

INCIO DO CURSO 2015-16:DE NOVO CON VOZ NATURA



        Chegou o mes de setembro, con el novas ilusións e toda unha morea de ideas e proxectos para 
    o novo curso. Retomamos o noso compromiso con Voz Natura  con ideas frescas como a que 
    vos presentamos aquí.


Entre nós temos un monitor que ten unha sensibilidade especial para moitos dos 
        problemas ambientais cos que convivimos e un dos seus compromisos é para adicarllo ós lobos. Tal é o compromiso que ten en acollida a dous híbridos  de lobo e can; e como é ben sabido, aquelas persoas capaces de comprometerse así, extenden a súa xenerosidade a todo o mundo para  compartir a súa paisón. Temos moita sorte de coñecer a Pablo, que nos trouxo ata o colexio ós seus cans-lobos para que poidésemos observalos  e ver a súa diferenza dos cans, e tamén,  a comprender a súa natureza e non dar por feito moitos dos mitos que hai sobre eles.










¡MOITAS GRAZAS PABLO!

Ó día seguinte, o sábado 26 tivemos a nosa Festa de Convivencia con todos os membros da comunidade escolar e coma todos os anos puxemos en liberdade a dúas aves rapaces, que neste caso foron un buxato e unha curuxa que estiveron unha tempada no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio para curar as súas feridas e agora, xa estaban preparadas para volver ó seu estado natural de liberdade.

¡GRAZAS TAMÉN  ÓS TRABALLADORES DO CENTRO DO RODICIO POLO TRABALLO QUE FAN!







Ver a cara dos rapaces e oír as súas expresións fíxonos ver que “Mereceu a pena”

¡Emocionante!



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Na Facultade de Ciencias da Educación



O xoves 7 de maio, estivemos na facultade de Ciencias da Educación para contarlle ós futuros profesores como traballamos os proxectos de investigación no colexio. Estivemos na súa clase de Didáctica das Ciencias Experimentais I e formamos  parte da súa propia investigación porque dalgún xeito nós eramos a fase experimental do traballo que lles espera facer nun futuro próximo.
Presentamos os nosos traballos dende 1º ata 6º de primaria para que puidesen ver o que se podía ir traballando en cada curso  de forma progresiva e fascinaron co que somos capaces de facer.
¡Nada mellor que ver e escoitar ós autores en directo!
 Tamén nos acompañaron compañeiros de 1º de ESO para ensinarlles o que son capaces de facer cando chegan á ESO grazas ó que aprenderon facendo proxectos de investigación na etapa de primaria.
Cando rematamos as nosas explicacións nos fixeron un montón de preguntas sobre o que fixéramos, como o fixéramos, canto aprenderamos, etc. Nos encantou contestar a todas elas e nos felicitaron polos traballos que fixéramos e tamén pola forma de defender oralmente o traballo ante unha clase de alumnos universitarios.
¡Sentímonos  moi ben coa experiencia !















  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

XVI Exporecerca Jove


Continuando co noso afán por investigar “sobre todo” e “con todo” o que nos rodea, intentamos transmitir esa inquietude a toda a comunidade escolar, pois somos moi conscientes de que a través dos nosos alumnos nos motivamos os profesores e se motivan as familias que ven vibrar os seus fillos  nunha aprendizaxe creativa, construtiva, alegre, optimista e que non ten límites porque se pode investigar e aprender de TODO, calquera centro de interese que nos propoñamos é válido.

Unha vez feito o traballo, necesitamos contar o que fixemos, o que descubrimos porque é importante comunicar os nosos descubrimentos para que outras persoas aprendan dos nosos acertos e erros. Así que, despois da nosa Expociencia viaxamos ata Barcelona para participar na Exporecerca e continuar coa nosa labor divulgativa. Alí nos aceptaron 7 traballos elaborados por 14 alumnos de 1º ciclo de ESO 
























  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS