Comezamos un novo curso e non hai mellor xeito de facelo que cunha Festa na que se practican todos vos valores que queremos transmitir ós nosos nenos.
Chamámola Festa de Convivencia, porque non hai valor máis básico e desexado que saber convivir uns con outros. Dentro deste marco, tentamos que vos nosos pequenos vexan como toda a comunidades escolar, nenos e adultos ( que tanto influímos na súa formación) convivimos nun espazo que nos une a todos, o Colexio Guillelme Brown
Como todos os anos dende hai máis dunha década o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio fai presenza no Centro para a solta dunha ave que estivo en proceso de recuperación.
Moitas grazas pola labor que facedes polo noso contorno!
Compartimos comidas, fixemos bailes, xogos, botamos unhas risas e pasamos un día fantástico.