Con la tecnología de Blogger.
RSS

EXPOCIENCIA 2017


Un curso novo e tamén unha nova edición da nosa feira de ciencias. Xa vai a XVI Expociencia Guillelme Brown. É un día de portas abertas para toda a comunidade escolar e tamén para aqueles amigos ós que lles gusta ver e compartir a ledicia dos máis pequenos cando falan de todo o que descubriron ó longo dun proceso de estudo e construción de aprendizaxe desenvolvido con moita  creatividade. 
É un espazo no que se abren as portas a novos pensadores, sexan  científicos ou amantes da ciencia en todas as facetas da vida para que  podan experimentar por un día todo o pracer que supón compartir coñecementos e aprender uns doutros, poñendo en valor a todos os membros participantes porque todos temos algo que contar e todos temos algo novo que aprender. É o principio básico de toda a motivación que podemos transmitir a un neno para que estea motivado para “aprender” porque aprender é divertido.

Participamos TODOS,  alumnos/as de Infantil, Primaria, ESO e todo o equipo de profesores do colexio. Tamén contamos con alumnos e profesores do Colexio St. Benedi’ts de Derby, con profesores do Departamento de Ciencias da Universidade de Vigo e con todas as familias que configuran a comunidade educativa do Centro.

Cartel da Expociencia


Lista de traballos participantes.



Trípticos dalgúns dos traballos de Secundaria.








Parabéns a todos os participantes por regalarnos un día tan ESPECIAL.













  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

0 comentarios:

Publicar un comentario