O mércores 4 de maio inauguramos o noso
observatorio de aves e foi un gran
acontecemento no colexio no que participamos todos.
Fronte ó observatorio fixemos unha poza e un
pequeno humedal rico en nutrientes para os paxaros que veñan beber na poza. Coa
intención de atraelos, intentamos crear un ecosistema que aporte auga,
alimento, sombra,…e así poder observar as diferentes especies que viven por
aquí e gozar dun entorno que é un privilexio para todos.
Este artigo é un agradecemento a todas as persoas
que fixeron posible esta experiencia:
MOITAS
GRAZAS!!!!!