Con la tecnología de Blogger.
RSS

ESTIVEMOS NA XVII EXPORECERCA

E xa son moitas as que levamos!
Porque o Guillelme Brown participou na II Exporecerca que tivo lugar no pabillón de deportes do Val de Hebrón no ano      2000 e de alí importamos a idea para facer a nosa Expociencia Guillelme Brown, que neste marzo fixo a número XV.
Xa choveu!!!
Pero nós continuamos coa mesma ilusión sabendo que é un bo método de traballo o que nos leva alí e somos conscientes de que a proposta didáctica que facemos para os nosos alumnos é excelente. Velaí algunhas das cousas que fixemos este ano en Barcelona


Paseamos polo Paseo de Gracia para ver algunhas das casas que fixo Gaudí coma a Casa Batllo e a Pedrera


Estivemos no parque Güell



Paseamos o Barrio Gótico e degustamos un xelado que mercamos nunha das xeladerías italianas máis famosas da cidade condal.


Dende o Barrio Gótico chegamos ás Ramblas onde observamos os famosos “mimos” que se sitúan nelas e ata estivemos con Colón que nos dixo cara onde quedaba América. Tamén visitamos o famoso mercado da Boquería.
Na Universidade Ramón Llull,  no edificio que dedica a Enxenería e Arquitectura,  estivemos durante 3 días expoñendo  os nosos traballos









  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS