Non é fácil
observar aves no bosque!!
Non
nos decataramos de isto ata que comezamos a ver que no noso entorno tiñamos
unha morea de paxaros que escapaban cada vez que as queríamos retratar
facéndonos imposible a súa identificación.
Deste
xeito comezou a manifestarse unha necesidade descoñecida ata este momento
porque tiñamos que agocharnos e non facer ruído se queríamos ver a estes
personaxes que cohabitan no bosque colaborando no equilibrio ecolóxico como un
alo máis da cadea alimentaria pero alegrando cada día dende o amencer cos seus
sons todo o ambiente.
Porque......
alguén imaxina un bosque sen os cánticos dos paxaros???
Así comezamos a fabricar o noso
observatorio de aves, dun xeito moi rudimentario.
Pero estes observatorios eran moi lixeiros
e nós queriamos converter esta actividade nunha necesidade para todos os
membros do noso colexio e facer posible que ata os máis cativos puidesen
observar paxaros en boas condicións. Así xurde a idea de facer un observatorio de aves e iso necesitaba
un PLAN
1.- Elixir o mellor lugar do noso entorno
para observar paxaros. Isto é fácil porque xa estivemos traballando e sabemos
onde emprazar o noso observatorio
2.- Facer os planos que configuren a
estrutura do noso observatorio.
3.- Facer un presuposto económico para
afrontar o custo do observatorio.
4.- A montaxe do observatorio será cousa de
todos, cada un aportará o que poda segundo as súas posibilidades.
Velaí
faremos unha charca co obxectivo de invitar ós paxaros a beber de descansar
nun entorno ben bonito ó mesmo tempo que
nos permitirá observar o seu comportamento e disfrutar da súa presenza