Con la tecnología de Blogger.
RSS

INCIO DO CURSO 2015-16:DE NOVO CON VOZ NATURA



        Chegou o mes de setembro, con el novas ilusións e toda unha morea de ideas e proxectos para 
    o novo curso. Retomamos o noso compromiso con Voz Natura  con ideas frescas como a que 
    vos presentamos aquí.


Entre nós temos un monitor que ten unha sensibilidade especial para moitos dos 
        problemas ambientais cos que convivimos e un dos seus compromisos é para adicarllo ós lobos. Tal é o compromiso que ten en acollida a dous híbridos  de lobo e can; e como é ben sabido, aquelas persoas capaces de comprometerse así, extenden a súa xenerosidade a todo o mundo para  compartir a súa paisón. Temos moita sorte de coñecer a Pablo, que nos trouxo ata o colexio ós seus cans-lobos para que poidésemos observalos  e ver a súa diferenza dos cans, e tamén,  a comprender a súa natureza e non dar por feito moitos dos mitos que hai sobre eles.










¡MOITAS GRAZAS PABLO!

Ó día seguinte, o sábado 26 tivemos a nosa Festa de Convivencia con todos os membros da comunidade escolar e coma todos os anos puxemos en liberdade a dúas aves rapaces, que neste caso foron un buxato e unha curuxa que estiveron unha tempada no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio para curar as súas feridas e agora, xa estaban preparadas para volver ó seu estado natural de liberdade.

¡GRAZAS TAMÉN  ÓS TRABALLADORES DO CENTRO DO RODICIO POLO TRABALLO QUE FAN!







Ver a cara dos rapaces e oír as súas expresións fíxonos ver que “Mereceu a pena”

¡Emocionante!



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS