Continuando co noso afán por investigar “sobre todo” e “con todo” o que nos rodea, intentamos transmitir esa inquietude a toda a comunidade escolar, pois somos moi conscientes de que a través dos nosos alumnos nos motivamos os profesores e se motivan as familias que ven vibrar os seus fillos nunha aprendizaxe creativa, construtiva, alegre, optimista e que non ten límites porque se pode investigar e aprender de TODO, calquera centro de interese que nos propoñamos é válido.
Unha vez feito o traballo, necesitamos contar o que fixemos, o que descubrimos porque é importante comunicar os nosos descubrimentos para que outras persoas aprendan dos nosos acertos e erros. Así que, despois da nosa Expociencia viaxamos ata Barcelona para participar na Exporecerca e continuar coa nosa labor divulgativa. Alí nos aceptaron 7 traballos elaborados por 14 alumnos de 1º ciclo de ESO