Con la tecnología de Blogger.
RSS

P. Fotonatura Novembro


Estamos en Novembro e os rapaces de 3º e 4º de primaria seguen a descubrir a beleza do noso entorno a través do visor dunha cámara. É o momento de lecer e vemos como están detrás do monitor que os axuda e guía nesta aventura.

Moitas grazas Pablo pola túa dedicación e bo facer!!!












  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Alumnos de ESO na Galiciencia

Os alumnos de 2º de ESO amosaron os seus traballos de investigación completando a derradeira fase do traballo que consiste na súa publicación e presentación pública. Velaí  están:


Paula e Martín co  traballo: “Elaboración de caramelos e galletas con vexetais edulcorantes diferentes do azucre”



Eduardo e Martín co traballo: “Illamento e insonorización con paneis elaborados con cascas de cacahuete”



Aldara e Alejandra falan de: “Aproveitar as belotas do Quercus R. para fabricar aglomerados e outras cousas”




Ainhoa e María investigaron sobre as bebidas enerxéticas e nos porpoñen “Unha bebida enerxética apta para alérxicos fronte a bebidas comerciais”







  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

6º PRIMARIA NA GALICIENCIA 2015


Outro ano na Galiciencia. Velaí temos os alumnos de 6º de primaria defendendo os seus traballos:

Laura e Shu Yang  nos explican “Para que serve unha centrifugadora”



Manuela  nos amosa “Mesturas sorprendentes”

María e Jamir  se empeñan en explicar e convencer a toda a xente de “Que ricas son as pombiñas de millo”

Angel e José están a traballar con diferentes densidades e nos amosan as súas “Lámpadas de lava”
Mentras que Guillermo e Iare nos explican un fenómeno dicindo que “Non é maxia...É neve química”

Mentras que Leire e Gracia se entusiasman coas plantas; nos explican o fenómeno da fotosíntese e da súa investigación sobre as microondas e as sementes  en “¿Afectan as microondas na xerminación das dementes?”


  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS